Consello da Cultura Galega

Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205 correo@consellodacultura.org Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela

Observatorio Consello da Cultura

Logo

Aviso legal


1.- Información xeral:

O Consello da Cultura Galega, creado por Lei 8/1983, do 8 de xullo, é un ente estatutario con personalidade xurídica propia ao que lle compete a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. O domicilio do Consello da Cultura é o seguinte: Pazo de Raxoi, 2º andar. 15705 Santiago de Compostela – Galicia – (España). Tfno.: 981957202; Fax: 981957205. O correo electrónico de contacto é correo@consellodacultura.org. O CIF da entidade: Q6550003E.

O Consello da Cultura Galega é titular dos nomes de dominio culturagalega.org e consellodacultura.org.

2.- Dereito de propiedade industrial e intelectual:

O Consello da Cultura Galega é titular ou ten os dereitos de explotación da propiedade intelectual e industrial e de imaxe sobre os contidos dispoñibles a través do portal culturagalega.org e da web consellodacultura.org.

O acceso dos usuarios aos citados dominios non implica baixo ningún concepto a renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial daqueles dereitos por parte do Consello da Cultura Galega nin, de ser o caso, outros titulares do contido publicado.
Non está permitido eliminar ou modificar o aviso de dereitos de autor ou mesmo a titularidade dos contidos das páxinas do Consello da Cultura Galega. Os contidos dos dominios consellodacultura.org e culturagalega.org quedan sometidos á licenza copyleft, polo que na súa virtude o usuario poderá copiar, distribuír ou publicar os contidos a condición de que cite con claridade a súa procedencia das fontes do Consello da Cultura Galega e, se é o caso, a autoría do arquivo, e non os modifique, quedando ademais obrigado a manter esta mesma licenza e requisitos de identificación do CCG como fonte de procedencia nas sucesivas publicacións e distribucións. Esta licenza só será aplicada a aqueles contidos localizados en páxinas dos sitios do CCG nas que figure expresamente indicada unha autorización ao respecto. No resto dos contidos, salvo autorización expresa e escrita do CCG, non se permite modificar, copiar, reempregar, explotar, reproducir, comunicar publicamente ou distribuír de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos incluídos nos devanditos dominios para propósitos públicos ou comerciais.

3.- Réxime de prestación dos servizos e responsabilidade:

Consonte os labores atribuídos ao Consello da Cultura respecto da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, o acceso ao portal e á páxina web do Consello da Cultura é libre e gratuíto, sen que tal carácter exclúa a posibilidade de que se exerciten ou publiciten accións baixo custo ou prezo.

O Consello da Cultura non se fai responsable das distintas opinións dos seus colaboradores nin dos terceiros e particulares que participen nas distintas seccións da web do Consello e o portal culturagalega.org.

O Consello da Cultura non pode garantir a fiabilidade, veracidade, corrección e utilidade dos servizos e informacións que presta na rede, nin garante a súa continuidade.

Os usuarios da web e do portal do CCG comprométense ao emprego adecuado dos contidos, servizos e información que se ofrecen nas citadas páxinas e a non darlles uso para incorreren en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; a non difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; a non provocar danos nos sistemas informáticos do Consello da Cultura Galega ou de terceiras persoas ou suplantar a súa personalidade ou rexistro. Así mesmo, queda prohibido o uso de calquera clase de información obtida a través da web e do portal do Consello da Cultura Galega para remitir aos usuarios ou terceiros comunicacións comerciais non solicitadas, así como a comercialización ou difusión de datos persoais nun sentido amplo -incluíndo os enderezos electrónicos- que poidan obterse nos precitados dominios. O Consello da Cultura non se responsabiliza dos danos ou molestias que calquera persoa cause infrinxindo estas normas e condicións de uso.

O establecemento de enlaces polo Consello da Cultura a sitios web alleos non implica responsabilidade de ningún tipo respecto do contido daqueles sitios. O establecemento de enlaces por terceiros con destino aos dominios culturagalega.org e consellodacultura.org débese efectuar como enlace absoluto, sen que sexa aceptable a inclusión como parte na web do terceiro mediante marcos, ferramentas de buscador ou outras que menoscaben a integridade da información ou servizo ofrecido polo Consello da Cultura. O CCG desautoriza expresamente, declinando calquera responsabilidade que poidan xerar tales actuacións, o establecemento de enlaces a páxinas dos seus dominios dende aquelas webs de terceiros nas que se desenvolvan actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; nas que se difundan contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; ou as susceptibles de provocar danos nos sistemas informáticos.

4.- Privacidade dos datos de carácter persoal:

O Consello da Cultura Galega recada datos e información persoal ou colectiva respecto dos usuarios da súa páxina web institucional e do portal culturagalega.org de acordo coas seguintes prescricións, que garanten o cumprimento das disposicións legais aplicables e resultan adecuados, pertinentes e non excesivos respecto do seu ámbito e das finalidades determinadas e explícitas para as que se obteñen.

4.1.- Transmisión pasiva de información:

A simple navegación polos dominios de titularidade do Consello da Cultura Galega proporciona á dita institución información maiormente estatística e absolutamente anónima, que non se refire a ningún usuario concreto nin identificable. A concreta información que se obtén deste xeito é o nome do ISP (provedor do servizo de internet do usuario), a data e hora do acceso ao dominio do CCG e a duración da conexión, a cantidade de usuarios que acceden á web e ao portal e ás distintas seccións destes, e os logs de enderezo electrónico dende o que procede o usuario que accede no caso de que sexa un enlace dende outra web.

O Consello da Cultura Galega non emprega, polo de agora, sen que isto signifique a súa renuncia a facelo nun futuro se o estima necesario, dispositivos de almacenamento e recuperación de datos en equipos terminais (cookies).

4.2.- Transmisión activa da información por parte dos usuarios:

Determinados actos de participación dos usuarios nos contidos de culturagalega.org e consellodacultura.org implican a necesidade de cesión ao CCG de determinados datos persoais, que se concreta mediante a utilización de formularios. Os datos recollidos serán empregados polo Consello da Cultura Galega de acordo coa finalidade concreta con que se recollen e se menciona no propio formulario, ademais do seu tratamento con fins estatísticos. O carácter facultativo ou obrigatorio das respostas indícase cun asterisco, e as consecuencias da negativa a facilitar os datos obrigatorios circunscríbese á imposibilidade, se é o caso, de accederen ao servizo solicitado.

Os usuarios aceptan que os datos persoais proporcionados ao CCG no momento do seu rexistro ou calquera outro facilitado para o seu acceso a servizos dos dominios culturagalega.org e consellodacultura.org, como son a inscrición en boletíns de novidades, solicitude de consultas e suxestións, acceso a arquivos, listas de distribución, foros e calquera outros de similar natureza, sexan incorporados a ficheiros de titularidade do Consello da Cultura Galega, coa finalidade de facilitar a prestación dos servizos solicitados, a correcta identificación dos usuarios que os solicitan cando é necesario, para fins estatísticos, para a xestión de tarefas de administración e para mantelos informados, ben por correo electrónico ben por calquera outro medio, de novidades e servizos nos citados dominios ou naqueles que o Consello estime que poden resultar de interese para o usuario. Os ficheiros de datos do Consello da Cultura Galega respectan as medidas de seguridade previstas nos artigos 8 ao 14 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.

As empresas e profesionais que remiten os seus datos e producións para seren incluídos no portal culturagalega.org, atendendo aos fins de promoción, difusión e publicación dos produtos da industria cultural galega, quedan excluídas desta cláusula de privacidade. O Consello da Cultura Galega non se responsabiliza da utilización que os subscritores e terceiros poidan facer respecto das producións que se inclúan no soportal.
En calquera momento, os usuarios poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante solicitude para o efecto, que deberá dirixirse á Xerencia do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º andar 15705 Santiago de Compostela, ou ben aos enderezos electrónicos director@culturagalega.org e correo@consellodacultura.org.

5.- Vixencia da nota legal:

O Consello da Cultura reserva para si o dereito de modificar, dentro das marxes legais, as condicións anteriormente referidas, sen que tal modificación afecte ás condicións en que os usuarios cederon os seus datos persoais, que non se modificarán sen o seu consentimento.

Así mesmo, o Consello da Cultura reserva o dereito a finalizar ou interromper o acceso á web e ao portal e a prestación dos servizos que leva a cabo vía internet, sen que iso poida dar lugar a dereito a indemnización ningunha aos usuarios e terceiros.