Consello da Cultura Galega

Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205 correo@consellodacultura.org Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela

Observatorio Consello da Cultura

Logo
ir ó proxecto

Explotación específica da estatística de Gasto de consumo cultural dos fogares do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

 

Os galegos gastan 80 millóns de euros en cultura menos dende 2008, dos que 60 corresponden a última anualidade dispoñible (2011). O montante total sitúse en 722 millóns de euros. Porcentualmente isto supón un descenso do 11,5% acumulado e un 7,9% entre 2010 e 2011. En termos de distribución por unidades de gasto, os fogares deixaron de gastar algo máis de 62 euros en cultura no último período de referencia, o cal supón unha media duns 22 euros por persoa. Esto significa que o gasto dos fogares en cultura experimenta o maior descenso dende o inicio da crise económica.

 

 

 

Galicia sitúase nunha posición algo superior á media nesta contracción que afecta practicamente á totalidade do Estado, no que o consumo cultural descende un 8,1%. De feito, o gasto absoluto caeu en maior medida en Baleares, Asturias, Aragón, Cantabria, a Comunidade Valenciana, Andalucía, Canarias e País Vasco, por esta orde.

  

Por grupos e subgrupos de gasto definidos o único que aumenta é o denominado Tratamento da información e Internet e os que máis baixan son os Soporte para o rexistro de imaxe, son e datos e as Publicacións periódicas, probablemente un en relación con outro, dada a tendencia crecente ao consumo en liña de produtos culturais. O libro e os espectáculos móvense nunha tendencia similar, o cal debería ser máis preocupante para as actividades económicas relacionadas co cine, o teatro e a músicia en vivo, entre outras, polo incremento do IVE en 2012. Como xa mencionamos en informes anteriores, a edición seguirá tributando no tipo superreducido (bens de primeira necesidade).

 

Gasto en Bens e Servizos Culturais en Galicia por subgrupos de gasto

 

 

2010

2011

Taxa de variación

Libros e publicacións periódicas

Libro non de texto

67,2

60,6

-9,82%

Publicacións periódicas

115,4

92,9

-19,50%

Servizos culturais

Espectáculos

53

47,8

-9,81%

Outros

130,5

122,8

-5,90%

Equipamentos e accesorios audiovisuais de tratamento da información e Internet

Audiovisuais, fotográficos e cinematográficos

142,7

128,3

-10,09%

Tratamento da información e Internet

214,1

219,6

2,57%

Outros bens e servizos

Soporte para o rexistro de imaxe, son e datos

34,6

22,6

-34,68%

Outros

25,9

27,4

5,79%

FONTE: Instituto Nacional de Estadística. Encuesta de presupestos familiares. Base 2006

 

Segundo os datos da Encuesta de Presupuestos Familiares do Instituto Nacional de Estatística isto contrasta cun lixeiro reponte do gasto total dos fogares na comunidade autónoma (0,8% en 2011) e o estancamento do consumo no conxunto de España en termos correntes (en termos constantes o crecemento é negativo).

 

Con todo, os bens e servizos culturais non son dos subgrupos de gasto que se ven máis reducidos, xa que os galegos recortaron principalmente en educación (superior e ensinanza non definida polo grao), menaxe para a casa, cartos para o peto dos menores residentes no fogar e vehículos. En contraste, o gasto dos fogares aumentou moito en alugueiros, tabaco e vacacións.