![]() | Estatística de bibliotecas (2016) (31/05/2016)O seguinte documento de traballo ten como obxectivo facilitar información sobre o equipamento material e humano das bibliotecas galegas, así como das actividades que realizan e o financiamento do que dispoñen para levalas a cabo. |
![]() | O emprego cultural en Galicia (2016) (31/05/2016)O seguinte documento de traballo presenta información relativa ao emprego cultural en Galicia dende catro enfoques diferentes: emprego cultural, afiliacións á Seguridade Social, paro e contratos rexistrados. |
![]() | Ocio e hábitos culturais (I) (17/02/2016)Neste documento de traballo ofrécese a primeira entrega dun estudo sobre os hábitos culturais en Galicia. Neste caso analízanse resultados comparables co resto de comunidades autónomas de España. |
![]() | Ocio e hábitos culturais (II) (17/02/2016)Este Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega é a segunda parte dunha análise encamiñada a coñecer cales son as prácticas culturais da cidadanía galega. Neste documento realizouse unha explotación do módulo de Ocio e hábitos culturais da Enquisa estrutural a fogares que elabora Instituto Galego de Estatística. |
![]() | O cine en Galicia en 2014 (28/10/2015)No seguinte documento de traballo analízanse indicadores da actividade cinematográfica en Galicia dende dúas vertentes. Por unha banda, os datos relativos á asistencia, recadación, exhibición, distribución, infraestruturas e produción; e, por outra banda, os relacionados cos hábitos e prácticas culturais dos galegos respecto ao cine. Os resultados contextualízanse nun ámbito territorial máis amplo, en comparativa co resto das comunidades autónomas, e tamén nun período temporal que facilita a interpretación evolutiva da situación nos últimos anos. |