Consello da Cultura Galega

Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205 correo@consellodacultura.org Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela

Observatorio Consello da Cultura

Logo

Coxunturas

Conxuntura laboral do mes de marzo de 2020 nas principais ramas de actividade cultural. Datos de afiliación á Seguridade Social (18/06/2020)

A declaración do estado de alarma por parte das autoridades con motivo da crise sanitara COVID-19 dispón, entre outras cousas, a suspensión de apertura ao público de locais de actividade comercial, así como de equipamentos culturais. Este documento analiza como afecta este peche ao emprego cultural, a través das afiliacións á Seguridade Social a partir da explotación que ofrece o Instituto Galego de Estatística (IGE)dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social das persoas empregadas nas principais empresas culturais.

O sector do libro galego perante a crise da COVID-19 (18/06/2020)

O presente documento de traballo é unha primeira achega á análise do impacto da crise no ámbito cultural provocada pola aparición do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade que provoca, COVID-19. Neste traballo recóllense as análises e reivindicacións das principais asociacións profesionais e gremiais que participan na cadea de produción do libro, así como unha descrición da situación do sector do libro antes da chegada da crise provocada polo coronavirus. Completa o informe o resultado de cinco entrevistas que se lles realizaron aos responsables da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Asociación Galega de Editoras, do Clúster da Comunicación de Galicia, da Federación de Asociaciones Nacionales de Distribuidores de Ediciones e da Federación de Librarías de Galicia.

Avance de resultados do informe sobre o teatro galego: creadores, xestores e publicos (18/06/2020)

O Consello da Cultura Galega decidiu elaborar un estudo sobre os principais colectivos do sistema teatral en Galicia para presentar no I Congreso Internacional do Teatro Galego, programado inicialmente para marzo de 2020, agora posposto para outubro deste mesmo ano. Tras unha serie de reunións con representantes do sector para detectar as necesidades de información que había, o resultado puxo de manifesto que non existía un produto que medise a relación existente entre público, persoas creadoras e axentes, salvo experiencias puntuais e escasamente sistematizadas. Por isto, o Consello da Cultura Galega aprobou desenvolver unha sondaxe nuns universos definidos previamente co sector do teatro que dese conta da súa realidade. Este informe é un avance de resultados dunha explotación preliminar de tres enquisas executadas entre novembro de 2019 e febreiro de 2020.

Hábitos e prácticas culturais en Galicia (18/06/2020)

A redacción deste documento baséase na explotación da Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais en España 2018-2019, realizada polo Ministerio de Cultura y Deporte. Trátase dunha investigación dirixida a unha mostra de 16.000 persoas maiores de 15 anos residentes en España. Para Galicia fixéronse 952 entrevistas, que son as que se explotan para o presente traballo. A finalidade deste informe é múltiple: por unha banda, trátase de avaliar a evolución dos principais indicadores relativos aos hábitos e prácticas culturais da poboación galega e, por outra, analizar outros aspectos relevantes no ámbito cultural, especialmente no que atinxe aos consumos culturais, atendendo ás formas de adquisición de determinados produtos culturais suxeitos a dereitos de propiedade intelectual, como libros, música gravada, vídeo e software.

O emprego cultural en Galicia (2019) (20/11/2019)

Este documento de traballo aborda, dende diversas perspectivas, información relativa ao emprego cultural en Galicia. As áreas analizadas son as seguintes: evolución do emprego, afiliacións á Seguridade Social, paro, contratos rexistra-dos así como estrutura e produtividade do emprego.


Paxinado

79 coxuntura(s) / 16 pax(s). Mostrando 16 a 20
Páxina: « < 2 - 3 - 4 - 5 - 6 > »