![]() | Achegas e propostas para a aplicación dos programas de estímulo no sector cultural (18/05/2021)Neste informe, o Observatorio da Cultura Galega analiza o impacto dos programas de recuperación en Galicia, España e Europa. Ofrécese tamén unha diagnose da situación global e das repercusións a nivel europeo, estatal e autonómico. Descríbese a situación actual coas principais medidas aplicadas, así como as recomendacións de expertos e organismos galegos, españois, europeos e de ámbito global, con especial énfase naquelas relativas á cultura, pero sen esquecer todas as medidas sistémicas que tamén afectarán dun xeito ou doutro ao ámbito cultural. |
![]() | Barómetro da cultura galega II. Xaneiro de 2021 (16/03/2021)A presentación deste documento de traballo, o segundo barómetro da cultura galega, engádese a un conxunto de publicacións impulsadas polo Consello da Cultura Galega dende que o 14 de marzo de 2020 se decretou en España o primeiro estado de alarma tras a aparición do virus SARSCoV-2 e a enfermidade da COVID-19. |
![]() | Influencia da COVID-19 nos hábitos culturais da poboación galega (17/12/2020)A crise sanitaria provocada pola aparición da COVID-19 e as medidas sanitarias aplicadas polos gobernos afectaron especialmente ao sector cultural, co peche de todos os museos, teatros, cines, bibliotecas, salas de concertos, atraccións turísticas etc. O desafío económico que deben afrontar os profesionais que se dedican a estes sectores preséntase como un reto. Neste traballo, realizado a través dunha consulta aos propios consumidores dos produtos culturais, abórdanse as consecuencias das medidas restritivas adoptadas que afectaban ao consumo e ao gasto. |
![]() | Coxuntura estatística do ámbito cultural. Outubro de 2020 (09/11/2020)O presente documento de traballo ofrece información acerca de todos os indicadores estatísticos dispoñibles sobre o ámbito cultural dende o mes de xuño (data de publicación da conxuntura anterior). Para facilitar a lectura amósanse evolucións temporais máis amplas sobre creación de empresas, emprego cultural, comercio exterior e intracomunitario de produtos culturais e evolución do IPC. Tamén aborda cuestións como a confianza dos consumidores e a situación do sector da cultura nas contas económicas de Galicia do último trimestre dispoñible, realizadas para o conxunto da economía galega polo Foro Económico de Galicia. |
![]() | Informe sobre o teatro galego: creadores, xestores e públicos (09/11/2020)Este informe parte dunha investigación consensuada polo Consello da Cultura Galega cos representantes do sector das artes escénicas, co obxectivo de paliar a falta de información relativa á relación existente entre creadores, xestores e públicos de teatro. |