 | Barómetro da cultura galega 2022 (27/04/2022)O presente traballo trata de dar continuidade a unha serie de estudos promovidos desde o ano 2020 polo Consello da Cultura Galega co fin de investigar a influencia da pandemia do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade da COVID-19 nas empresas do sector cultural en Galicia. Nesta ocasión partiuse do obxectivo de abarcar un universo maior que o dos barómetros precedentes, contando con todo o sector, polo que os resultados proveñen das respostas a un cuestionario administrado a unha mostra representativa do universo cultural galego, na que finalmente participaron un total de 902 representantes de entidades (empresas, asociacións, fundacións, administracións públicas…). |