 | Achegas e propostas para a aplicación dos programas de estímulo no sector cultural (18/05/2021)Neste informe, o Observatorio da Cultura Galega analiza o impacto dos programas de recuperación en Galicia, España e Europa. Ofrécese tamén unha diagnose da situación global e das repercusións a nivel europeo, estatal e autonómico. Descríbese a situación actual coas principais medidas aplicadas, así como as recomendacións de expertos e organismos galegos, españois, europeos e de ámbito global, con especial énfase naquelas relativas á cultura, pero sen esquecer todas as medidas sistémicas que tamén afectarán dun xeito ou doutro ao ámbito cultural. |