 | Influencia da COVID-19 nos hábitos culturais da poboación galega (17/12/2020)A crise sanitaria provocada pola aparición da COVID-19 e as medidas sanitarias aplicadas polos gobernos afectaron especialmente ao sector cultural, co peche de todos os museos, teatros, cines, bibliotecas, salas de concertos, atraccións turísticas etc. O desafío económico que deben afrontar os profesionais que se dedican a estes sectores
preséntase como un reto.
Neste traballo, realizado a través dunha consulta aos propios consumidores dos produtos culturais, abórdanse as consecuencias das medidas restritivas adoptadas que afectaban ao consumo e ao gasto. |