 | O valor do portugués en Galicia: competencia plurilingüe, utilidade e actitudes (25/06/2020)O presente traballo dá conta dos resultados dun estudo realizado en Galicia nos meses de xullo e agosto de 2019 sobre as competencias lingüísticas da poboación galega en idiomas estranxeiros en xeral e o portugués en particular, así como as actitudes cara a esta lingua e o interese que pode existir en aprender un novo idioma. O estudo tamén ofrece unha análise comparada do coñecemento do portugués e o doutras linguas estranxeiras entre a poboación de Galicia, así como da importancia e utilidade que se lles atribúe a unhas e a outras, as motivacións para interesarse por elas, as canles que se empregaron para coñecelas, o nivel que se adquiriu no seu dominio ou os ámbitos en que se empregan. |