 | Coxuntura estatística do ámbito cultural. Xuño 2020 (25/06/2020)O presente documento ofrece información sobre todos os indicadores estatísticos dispoñibles sobre o ámbito cultural ata o momento da súa publicación. En primeiro lugar, analízase a situación económica do sector dende comezos do ano 2020 ata a actualidade no que respecta á creación de empresas, os efectos desta crise sanitaria no emprego cultural, as consecuencias desta situación de crise no consumo e comercio de produtos culturais e, por último, examínase a situación do sector da cultura nas contas económicas de Galicia e faise unha prospección baseada nas realizadas para o conxunto da economía galega. Moitos indicadores que se analizan ao longo deste documento de traballo son do primeiro trimestre, polo que o impacto está limitado á segunda quincena de marzo. Cando foi posible, incluíronse datos de abril e maio. |