 | Datos da edición en Galicia 2006-2016 (20/04/2018)Este informe ofrece datos da edición de libros en Galicia, a través dunha análise de diferentes aspectos que inflúen de xeito activo neste eido. O traballo elaborouse para presentarse na xornada “A lei do libro 2006 a debate” celebrada o 19 de abril de 2018 e organizada pola a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega co gallo do Día Mundial do Libro e a Lectura, para avaliar o desenvolvemento da Lei do Libro e da Lectura de Galicia. |