Consello da Cultura Galega

Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205 correo@consellodacultura.org Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela

Observatorio Consello da Cultura

Logo

Coxunturas > Os arquivos e a protección do patrimonio documental...

Os arquivos e a protección do patrimonio documental (13/11/2013)

Os arquivos sustentan unha parte fundamental da memoria colectiva, ao mesmo tempo que constitúen o soporte testemuñal da Historia. Deste xeito, amósanse coma unha ferramenta de coñecemento común, posto que son depositarios de información de carácter social e cultural, funcionando como custodios da documentación da actividade dunha institución ou empresa.