As afiliacións á Seguridade Social das industrias creativas experimentan un incremento en xuño. En consonancia cos datos positivos xerais no mes de xuño, o desglose por actividades económicas que ofrece o Instituto Galego de Estatística permite constatar tres meses consecutivos de incremento das contratacións no ámbito cultural.