Consello da Cultura Galega

Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205 correo@consellodacultura.org Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela

Observatorio Consello da Cultura

Logo

Coxunturas

Barómetro da cultura galega 2022 (27/04/2022)

O presente traballo trata de dar continuidade a unha serie de estudos promovidos desde o ano 2020 polo Consello da Cultura Galega co fin de investigar a influencia da pandemia do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade da COVID-19 nas empresas do sector cultural en Galicia. Nesta ocasión partiuse do obxectivo de abarcar un universo maior que o dos barómetros precedentes, contando con todo o sector, polo que os resultados proveñen das respostas a un cuestionario administrado a unha mostra representativa do universo cultural galego, na que finalmente participaron un total de 902 representantes de entidades (empresas, asociacións, fundacións, administracións públicas…).

Disposición a agasallar contidos culturais a menores de 16 anos en Galicia (16/12/2021)

Este documento de traballo é un adianto dos resultados extraídos da investigación que acaba de elaborar o Observatorio da Cultura Galega mediante a realización dunha enquisa sobre os hábitos culturais da infancia en Galicia e a percepción que ten a poboación da oferta de produtos culturais para menores de 16 anos.

Conxuntura estatística do ámbito cultural. Novembro de 2021 (16/12/2021)

Este informe constitúe a cuarta conxuntura estatística do ámbito cultural en Galicia que realiza o Observatorio do Consello da Cultura Galega e que ten como obxectivo dar continuidade aos diferentes traballos de investigación, que principiaban coas publicacións no primeiro semestre de 2020 da primeira e a segunda conxuntura (en marzo e xuño respectivamente), realizados para dar conta da situación pola que atravesa o sector cul-tural galego a raíz da crise da COVID-19.

Barómetro da cultura galega III. Xullo de 2021 (16/12/2021)

Este novo informe vén a completar unha serie de estudos promovidos polo Consello da Cultura Galega co fin de investigar a influencia da pandemia do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade da COVID-19 nas empresas do sector cultural en Galicia

As bandas de música populares en Galicia (06/07/2021)

O obxecto deste traballo é revisar as condicións actuais das bandas de música populares en Galicia e o papel de desenvolvemento cultural que realizan os seus compoñentes, músicos, persoal directivo, docentes de música, así como a súa integración no contorno xeográfico e económico no que se integran, que en Galicia se adscribe a vilas onde hai un conservatorio ou unha escola municipal de música ou mesmo a pequenas aldeas nun contorno máis rural. Tamén se quere describir en que medida se viron afectadas polas condicións impostas pola pandemia da COVID-19 nas súas actividades cotiás.


Paxinado

79 coxuntura(s) / 16 pax(s). Mostrando 1 a 5
Páxina: 1 - 2 - 3 - 4 - 5 > »